O blog do dpto. de Bioloxía e Xeoloxía do CPI A Cañiza.

"Dime e esquézoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo" (Benjamin Franklin)

xoves, 23 de marzo de 2017

Exame do 2° trimestre das matérias pendentes

O exame das materias pendentes de Bioloxía e Xeoloxía queda aprazado para o día 30 de marzo, xoves, ás 10: 40  na aula de 3º B.

luns, 6 de febreiro de 2017

Eclipse lunar o 11 de febreiro

Unha eclipse ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan. Se ese fenómeno ten lugar durante a fase da Lúa Chea, cando a Lúa pasar pola sombra da Terra, denomínase eclipse de Lúa, ou eclipse lunar. O tipo e a duración da eclipse lunar depende da localización da Lúa en relación á súa órbita. 




Neste curso o 11 de febreiro de 2017 poderemos observar, se o tempo acompaña, un eclipse penumbral ás 00:43 am.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Visita aos Museos Científicos de Coruña

A oportunidade educativa que ofrece a visita aos Museos Científicos de Coruña é indiscutible. Rompe coa rutina habitual das aulas e traslada o coñecemento e aprendizaxe ao mundo real o que motiva ao alumnado. Contribúe ao aprendizaxe significativo da Bioloxía e a educación ambiental dos nosos alumnos.
Por iso, un ano máis o alumnado de 3º ESO visitou, o mércores 11 de xaneiro,o Acuario, a Domus e a Casa das Ciencias.



martes, 11 de outubro de 2016

CALENDARIO DE PROBAS DE AVALIACIÓN DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES


 As datas de realización das probas escritas e os exercicios dos boletíns relacionados cos contados avaliados nelas son os que se indican a continuación.

·        Primeira Avaliación:
§         Data: Xoves, 1 de decembro de 2016, de 10:24 a 11:50
§         Data límite de entrega dos exercicios dos  boletíns relacionados coa proba: Martes, 22 de novembro.

·        Segunda Avaliación:
§         Data: Xoves, 23 de marzo de 2016, de 10:24 a 11:50
§         Data límite de entrega dos exercicios dos  boletíns relacionados coa proba: Martes, 7 de marzo.

·        Avaliación Final:
§         Data: Xoves, 4 de maio, de 10:24 a 11:50

§         Os alumnos que non superasen a materia pendente coa realización das probas da primeira e segunda avaliación, realizarán un exame final na data sinalada, que versará sobre a totalidade dos contidos correspondentes á citada materia.

xoves, 29 de setembro de 2016

Programa de recuperación das materias pendentes

O alumnado con materias pendentes de Ciencias da Natureza de  2º , así como os que teñan Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 3º ESO realizarán dúas probas escritas ao longo do curso.

Os  contidos esixibles coincidirán cos contidos mínimos que se reflicten na programación xeral presentada polo departamento no caso de 1º e 3º ESO. No caso de 2º coincidiran cos contidos mínimos do curso anterior (Anexo da programación).

Para preparar esas probas entregaranse dous boletíns de actividades, ao inicio de cada trimestre. Sobre esas actividades versarán os contidos das probas parciais. 
As tarefas poderán ser: cuestións de desenvolvemento longo ou curto, exercicios do libro de texto, identificación de debuxos, completar cadros, realización de esquemas e resumes,... Todas irán encamiñadas a facilitar ao alumnado un repaso dos contidos máis relevantes de cada unidade. O alumnado con adaptación curricular terá unhas fichas especiais adaptadas ás súas necesidades, e será avaliado segundo a súa ACI correspondente.

O docente que imparta materia no curso no que se atope o alumno/a coa disciplina suspensa encargarase de avaliar as fichas e os exames da materia pendente en coordinación co Xefe/a do departamento.

O Xefe/a do departamento avaliará as fichas e os exames do resto do alumnado coa materia pendente.

Aqueles alumnos/as que teñan a materia pendente do curso anterior teñen dereito a realizar no mes de maio e de setembro unha proba final. As tarefas versarán sobre os mínimos esixibles.

Os instrumentos empregados para a avaliación dos alumnos/as e o seu peso no resultado final, serán os seguintes:
  •  Proba escrita: 70 %
  • Conxunto de fichas nas que o alumno ou alumna traballará sobre os contidos de cada unidade didáctica: 30 %

A entrega de fichas será obrigatoria e levarán 0 puntos as non entregadas. As presentadas fora do período de tempo establecido polo profesor/a poderán ser motivo de anulación do seu contido. Para facer media é imprescindible obter na proba escrita unha nota mínima de 3.5 puntos.

Realizaranse dúas probas escritas, unha no mes de decembro e outra en marzo.

Trimestralmente informarase ao alumno e aos pais (a través dos boletíns de notas) da evolución que vai presentando. 

Os alumnos que non superen algunha destas avaliacións realizarán un exame final no mes de maio,  no que serán avaliados das partes non superadas. 


Se en maio non supera o curso, poderá presentarse a unha proba extraordinaria de mínimos no mes de setembro.

luns, 12 de setembro de 2016

Criterios de cualificación

As cualificacións dos alumnos faranse tendo en conta os seguintes instrumentos de avaliación:
Instrumentos de avaliación
Valoración
Actitude na aula:
1.- Interese polo traballo. Participación activa na clase. 
5%
Traballo diario do alumno e plan lector:   
1.-Constancia no traballo diario.
2.- Esforzo e interese.
3.- Entrega de traballos nos prazos indicados polo profesor.
4.-Resultados acadados en probas ou preguntas efectuadas polo profesor no transcurso habitual da clase, destinadas a comprobar a correcta adquisición das competencias clave traballadas.
2.- Traballos e probas prácticas
6.-Traballo e participación  no laboratorio.
7.- Proba itinerario lector*
15%
Probas de avaliación:   
1.- Probas de avaliación  de contidos.
2.- Evidencias dos estándares de aprendizaxe.
80%
* Ver Fomento da lectura
*      A obtención da nota media dunha avaliación farase do seguinte xeito:
o   Calcularase o 80% da nota media das probas escritas coa seguinte salvedade: Non se fará media das notas cando algunha delas sexa inferior a 3 puntos.
o   O 20% restante corresponderá ao traballo diario do alumno e a actitude na aula.
o   Só se superará a avaliación cando a nota media sexa igual ou superior a 5.
*    Para aprobar a materia é condición ter como mínimo 5 puntos, agora ben, para que se lle faga a media das avaliacións, o alumno terá que ter un mínimo de 3 puntos en cada unha delas,  valorando a evolución do alumno, senón se avaliará negativamente todo o proceso. Os alumnos que non aproben en xuño axustaranse ao programado para a recuperación na convocatoria extraordinaria de setembro.
* Toda proba escrita ou traballo poderá suspenderse (cunha cualificación de 0 puntos), se hai constancia de que o/a alumno/a copiou, permitiu que outros/as copiasen o seu traballo ou proba ou participou en calquera actividade ou estratexia para mellorar os resultados mediante procedementos deshonestos. O profesor/a tamén se reserva o dereito de rexeitar unha proba que presenta unha caligrafía ilexible, quedando neste caso ó seu criterio a repetición da proba ou a realización dunha proba oral. 
*   Non se admitirá nada escrito a lapis ou en cor distinta do negro ou  azul, agás baixo indicación do profesorado. Non está permitido o uso de líquidos correctores nos exames escritos.
*    A falta de corrección léxica e gramatical, de respecto as normas ortográficas ou presentación incorrecta nos escritos implicará unha redución sobre a nota. Dita redución non superará os 0,5 puntos.

RECUPERACIÓN DE AVALIACIÓNS: Os alumnos/as que non superen algunha avaliación terán dereito a realizar unha proba de recuperación de todas as unidades de dita avaliación, independentemente de que tiveran algunha parte superadaA  actividade de recuperación consistirá nunha proba escrita, que verse sobre os contidos mínimos da avaliación non superada. Dita proba realizarase no mes de Xuño.  Para recuperar a avaliación da materia, é requisito indispensable obter unha nota igual ou superior a 5.